Sunday 28 de April de 2024

Os benxamíns das Escolas Deportivas de Fútbol Sala de Brión proclámanse campions da Liga do Tambre de Deporte Escolar


Os nenos das Escolas Deportivas de Fútbol Sala do Concello de Brión veñen de proclamarse campións da Liga de Concellos do Tambre de Deporte Escolar, cuxa fase final se disputou esta fin de semana en Muros. Os doce rapaces brioneses, de idades comprendidas entre os nove e os dez anos, estiveron acompañados polo seu adestrador e técnico de Deportes do Concello de Brión, Xosé Manuel Trillo, e recibiron as medallas e o trofeo de campións da man da alcaldesa de Muros, María Xosé Afonso.

Os benxamíns das Escolas Deportivas de Brión gañaron con claridade os seus dous encontros da fase final, vencendo 6-3 na semifinal ante A Baña e derrotando na final ao equipo local de Muros por 4 goles a 1. Tras este triunfo, os rapaces brioneses clasifícanse para disputar a fase intercomarcal de Deporte Escolar, que terá lugar o próximo mes de abril.